I Xornada de Murallas Abertas no Castro de Remonde

Xornada de Murallas Abertas de Castro de Remonde

I Xornada de Murallas Abertas de Castro de Remonde

O sábado 25 de outubro, tivo lugar a I Xornada de Murallas Abertas do Castro de Remonde, fortificación da Idade do Ferro con vistas sobre o castelo de Pambre.

Nesta xornada, presentouse o ambicioso proxecto do Castro de Remonde. Un proxecto orientado cara a docencia, a defensa do medio e o estudio da cultura galega.

Por unha banda crearase a Escola de Carmen Buxán, espacio onde os estudiantes de Arqueoloxía, Turismo ou calquera outro grado vinculado ó patrimonio cultural, poderán realizar prácticas. Será tamén, un espacio onde a sociedade terá cabida e participación activa.

Manuel Gago

Manuel Gago presentou o proxecto de Castro de Remonde

Seguir lendo

Advertisements

Roteiro de música e poesía por Melide

Roteiro de música e poesía por Melide

Roteiro de música e poesía por Melide

O sábado, 11 de outubro do 2014, tivo lugar o Roteiro de música e poesía por Melide.

Xornada marcada pola música, a poesía e a cultura en xeral.

Empezamos na Praza do Convento, ás 11:30, onde xa puidemos disfrutar da música e das verbas dalgún dos participantes. Entre os presentadores e oradores estiveron : Xosé Vázquez Pintor, Antom Laia, Xulio Álvarez, Xosé Iglesias, Yeiko, Chago Prado, María José Fernández López, Ánxela López, Rodrigo Osorio, Paco Veiga, Soqui Cea, Xosé García Rodríguez, Teresa Ramiro e Diego QS. Seguir lendo

Probando o “paywall” de Bittorrent co novo disco de Thom Yorke

Paywall de BittorrentBittorrent estrea os “paywalls”

Plataforma pensada para que os artistas expoñan os seus traballos e os vendan a prezos asequibles, coa condición de distribuir os contidos a través dun arquivo torrent.

Bittorrent queda co 10% do pago, e o resto vai ó peto do artista. Os pagos pódense efectuar con tarxeta de crédito ou PayPal.

Thom Yorke

Thom Yorke é un dos primeiros que se suma a esta plataforma, co seu novo disco en solitario Tomorrow’s Modern Boxes. Seguir lendo