Prácticas de WordPress-Publicando desde o móbil

image

Alumnos do Curso de Networking de Melide practicando con WordPress, con Fernando Rodriguez como profe.

Advertisements

I Afterwork de Emprende-Way

Emprende wayEmprende-Way, proxecto que busca crear un espazo de debate e colaboración estable e diferente en Santiago de Compostela

Organizou onte na Bodeguilla de San Lázaro, o primeiro dos afterworks que teñen programados durante os meses de outubro, novembro e decembro.

O espírito do afterwork é compartir experiencias e coñecementos nun ambiente relaxado e informal

Ou como se coñece nestas terras, tomarse algo despois do traballo e charlar de temas que che interesan.

Afterwork de Emprende Way

Seguir lendo

Análise do módulo “Protocolo persoal e eventos”

protocoloRematado o segundo dos módulo do Curso de Networker , aquí tedes a sua análise :

Nome do módulo : “Protocolo persoal e eventos”

Duración : 70 horas lectivas.

Contidos : Módulo dividido en tres partes

  • Marca persoal e de empresa. Onde aprendimos a crear un curriculum profesional, poñéndonos en valor e diferenciándonos da competencia. Porque hoxe en día é importante saber “vendernos” da mellor forma posible. (Aproveitei para poñer ó día a maior parte dos perfís dixitais, que boa falta me facía). Tamén recibimos formación sobre como se debe comunicar a información dunha empresa (notas de prensa, roda de prensa, comunicados internos).
  • Protocolo persoal e de empresa. Fixemos un amplo estudio dos protocolos de empresa e como afectan ó Plan de Comunicación. Como colocar a xente, formas de presentación e saúdo, boas formas na mesa.
  • Eventos. Creación, organización, cronogramas, etc.

Seguir lendo