Kindle Unlimited – A tarifa plana de Amazon para a lectura

kindle-unlimited

 

Esta semana desembarcou a tarifa plana de Amazon para a lectura en España, Kindle Unlimited. Por 10€ ó mes, poderás acceder a un catálogo de 700.000 obras, das cales 25.000 están en español. Inda que dos meus autores favoritos, non atopei nada en Unlimited, :(

Competidores de Kindle Unlimited

O catálogo ofrecido por Amazon é moi superior ó que ofertan os seus competidores (skoobe con 50.000 o Nubico con 5.000 obras). E o prezo é moi similar nos tres casos.

Aqueles que o queran probar, Amazon ofrécenos un mes gratuito do servizo, pero como xa veremos máis abaixo con trampa.

Busqueda-kindle-unlimited

Eso de “Todos” non collelo ó pe da letra

Sincronización e Multiplataforma

Ademáis do “amplo” catálogo, Kindle Unlimited ofrece a posibilidade de aproveitar o seu servizo en diferentes tipos de dispositivos. Permite ler os contidos descargados tanto no Kindle como directamente desde o navegador do pc, na plataforma Android ou nos trebellos da mazá a través de aplicacións gratuitas, sincronizando o libro en todos os soportes (non temos que andar buscando a páxina onde deixamos a lectura). Podes empezar lendo na casa cómodamente no teu kindle e cando saes á rúa, continuar a lectura onde a deixaches no teu smartphone.

Búsqueda de libros

De momento a búsqueda dos libros non é cómoda de realizar. Estructuran os contidos de Kindle Unlimited en categorías e o buscador non ten opción de darnos resultados soamente de Unlimited.

Ficha-libro-kindle-unlimited-por-0-euros

Sabes que podes aproveitar este servizo de tarifa plana, cando aparece o botón de “Leer por 0,00€” na ficha do libro (como se pode ver na imaxe superior).

Xestión e configuración dos libros

xestionar-contido-e-dispositivos-amazonOs libros que vamos engadindo na nosa conta aparecen deste xeito. Podedes acceder a través de Mi cuenta – Gestionar contenido y dispositivos – Mi contenido.

Xestión dos dispositivos de Kindle Unlimited

Amazon-Mis-dispositivos

No apartado de Mis dispositivos, veredes todos os trebellos que tedes sincronizados na vosa conta.

Axustes e cancelación do servizo de Kindle Unlimited

configuracion-kindle-unlimited

No apartado de Ajustes, poderedes configurar o método de pago (se vos convence o servizo).

E o máis importante de todo, tamén tedes aqui o botón para desactivar a suscripción de Kindle Unlimited.

Como sucede na maioría destes servizos, toda a información está orientada para que probemos e nos apuntemos (non dicen claramente por ningún lado que ó probalo, automáticamente pasarán a cobrarche nun mes). E para atopar o botón de cancelar a suscripción, información cero.

Así que xa sabedes, probade 29 días o produto e se non vos convence cancelade a tempo

;)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s