I Xornada de Murallas Abertas no Castro de Remonde

Xornada de Murallas Abertas de Castro de Remonde

I Xornada de Murallas Abertas de Castro de Remonde

O sábado 25 de outubro, tivo lugar a I Xornada de Murallas Abertas do Castro de Remonde, fortificación da Idade do Ferro con vistas sobre o castelo de Pambre.

Nesta xornada, presentouse o ambicioso proxecto do Castro de Remonde. Un proxecto orientado cara a docencia, a defensa do medio e o estudio da cultura galega.

Por unha banda crearase a Escola de Carmen Buxán, espacio onde os estudiantes de Arqueoloxía, Turismo ou calquera outro grado vinculado ó patrimonio cultural, poderán realizar prácticas. Será tamén, un espacio onde a sociedade terá cabida e participación activa.

Manuel Gago

Manuel Gago presentou o proxecto de Castro de Remonde

Castro Remonde, da man de  Manuel Gago, a Eira da Xoana e Adega, pasa a ser un proxecto de arqueoloxía social do mesmo tipo que leva desenrolado Gago e Antón Malde desde o 2011.

Antón Malde

Antón Malde

Exemplos de arqueoloxía social, e vivos, témolos en :

Pena Furada
Torre dos Mouros
Castro de Mallou

Manuel Gago na presentación

Manuel Gago, definiu os lugares deste tipo coma áncoras da nosa identidade galega. E levounos a facernos pensar no lugar, non en términos de pasado, senón en términos de futuro.

Salientou que estamos no corazón da Ulloa, corazón de Europa ó seu entender. E que estamos diante dun mundo castrexo novo, porque esta zona de Galicia está pouco estudiada.

Pensa que podemos estar na transición entre os diferentes mundos castrexos que coexistiron en Galicia.

Os que se interesen polo proxecto, poden seguilo a través da súa web : http://castroderemonde.net/ e da súa conta de facebook : https://www.facebook.com/castroderemonde

Podedes ver máis fotos na galería :

Galería fotográfica da presentación do proxecto de Castro de Remonde

A xornada tamén estivo marcada pola poesía, a música e os contos. Entre outros estiveron Adela Clorinda Figueroa, Jesús Pereiras López e Sole Felloza.

Adela Clorinda Figueroa

“Poema do Outono” de Adela Clorinda Figueroa

Musicos

Músicos

sole_felloza

Relato da carreira dos Deuses, da conta contos Sole Felloza

Déixovos aqui os audios que grabei da xornada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s