Experimento de desconexión

smartphone-off

Os smartphones supuxeron unha revolución no xeito que nos comunicamos, e tamén nos nosos hábitos. Sempre temos unha cámara encima, acceso a internet desde o móbil ou mensaxería totalmente gratuíta.

O Experimento de Desconexión proposto por Mallando no android, separounos durante unha semana destes trebellos e das redes sociais (tanto nos móbiles coma nos ordenadores), vivindo como antes.

¿Realmente podemos estar unha semana sen smartphone e sen redes sociais?

Duración

O experimento levouse a cabo entre o luns 29 de setembro (00.00h) e o domingo 5 de outubro (23.59h). (Teño que decir que eu aguantei ata o sábado pola tarde, ás 18:30 conecteime e din por rematado o meu experimento).

Con anterioridade, poidemos informar ós nosos contactos que participábamos nun experimento e estaríamos sen conexión.

Regras do experimento

  1. Renunciar ao smartphone. Desactivamos os datos do noso smartphone e únicamente usamos a función de teléfono, SMS e/ou alarma (espertador).
  2. Cámara de fotos do móbil: no caso de ser un smartphone non se podía usar a cámara.
  3. Renunciar ás redes sociais, tamén no ordenador: a idea era que viaxáramos á época presmartphones, na que tampouco tiñamos os servizos de mensaxería paralelos que ofrecen as redes sociais. Durante esa semana non podimos acceder ás redes sociais (Facebook, Twitter, …), aínda que si podimos navegar pola internet non social e usar sen límites o correo electrónico.
  4. Tomar notas: anotando a diario como nos sentimos e como afectaba á nosa vida.

 

privacidad-en-redes-sociales

Impresións e reflexións sobre o experimento

Aumento do número de chamadas, ó non poder usar mensaxería instantánea. Pero non aumento da factura do móbil (normalmente non gasto os 300 minutos que teño na tarifa)

Uso intensivo do correo electrónico no ordenador, como sustituto tamén da mensaxería instantánea. A quen menos gracia lle fixo todo isto foi a miña moza. O uso de Whatsapp, Telegram ou Facebook Messenger dalle unha sensación de maior proximidade.

Plantéaste por que vas cargar cun teléfono grande e pesado se non podes andar en internet. (Teño un Nexus 4, cunha pantalla de 4.7 polgadas e 139 g)

Non necesitei cargar o móbil en toda a semana. Ó ter os datos e a wifi apagadas, e non andar encendo a pantalla cada pouco tempo, a carga da batería parece non acabarse nunca.

– Como non podía acceder ás redes sociais, tiña a sensación de que non estaba enterado do que pasaba no meu entorno (tanto amigos como noticias de onde vivo). Emprego moito as redes sociais para acceder a este tipo de información.

Botei moito en falta o Google Calendar no móbil. Organizo toda a miña axenda de actividades laborais e de ocio nel, e non ter os avisos no móbil resúltame incómodo.

A cabeza descansa moito ó non ter que estar pendete do móbil. Despois dun día, xa non o tes na mesa sen a tapa, e despois de dous días, nin sequera o quitas do bolso.

– Como tampouco podía empregar a cámara do móbil, perdín de usala un par de veces para levarme información rápidamente comigo (horarios do ximnasio, listado de actividades). Tiramos de fotografías en vez de intentar usar os miolos para memorizar datos.

A experiencia foi positiva porque poste a proba ti mesmo, e descubres información sobre ti da que non eras consciente.

Anímovos a probar. Se non vos atrevedes toda unha semana, polo menos un fin de semana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s