Roteiro de música e poesía por Melide

Roteiro de música e poesía por Melide

Roteiro de música e poesía por Melide

O sábado, 11 de outubro do 2014, tivo lugar o Roteiro de música e poesía por Melide.

Xornada marcada pola música, a poesía e a cultura en xeral.

Empezamos na Praza do Convento, ás 11:30, onde xa puidemos disfrutar da música e das verbas dalgún dos participantes. Entre os presentadores e oradores estiveron : Xosé Vázquez Pintor, Antom Laia, Xulio Álvarez, Xosé Iglesias, Yeiko, Chago Prado, María José Fernández López, Ánxela López, Rodrigo Osorio, Paco Veiga, Soqui Cea, Xosé García Rodríguez, Teresa Ramiro e Diego QS.

Música por Melide

A música correu a cargo de Xurxo Souto, Carlos Da Aira, Pepiño Blanco e Soqui Cea

Se queredes ver todas as fotos do evento, podedes facelo nesta galería :

Galería fotográfica do Roteiro de música e poesía por Melide

 

Galería fotográfica do roteiro

Visitamos primeiro o Museo de Melide, e despois estivemos no Castelo, A Moa, San Pedro, Biblioteca municipal Xosé Vázquez Pintor, Parque Rosalía de Castro e cruceiro e capela de San Roque.

Déixovos aquí os audios que grabei da xornada e as fotos dos poetas (para poñerlles cara).

Non son todos, pero é unha boa representación do que foi o roteiro.

Chago Prado

O casamento da pulga e o piollo. Sobre cregos, criados e malas linguas

Poetisa

Poema a rabaleira

Poesía por Melide

Poema para unha futura ferreira. Poema pequeniño que pretendeu ser berro.

Poeta gaiteiro

Poema sobre a patria

Poeta de melide

Poema terra de soñadores

Paco, profesor do instituto de Melide

Paco, profesor do instituto de Melide, falando de Intres

Paco contounos que Intres, a publicación dos rapaces e profesores do instituto de Melide, vai volver contar cunha edición impresa en papel.

Deixar un comentario