Análise do módulo “Protocolo persoal e eventos”

protocoloRematado o segundo dos módulo do Curso de Networker , aquí tedes a sua análise :

Nome do módulo : “Protocolo persoal e eventos”

Duración : 70 horas lectivas.

Contidos : Módulo dividido en tres partes

  • Marca persoal e de empresa. Onde aprendimos a crear un curriculum profesional, poñéndonos en valor e diferenciándonos da competencia. Porque hoxe en día é importante saber “vendernos” da mellor forma posible. (Aproveitei para poñer ó día a maior parte dos perfís dixitais, que boa falta me facía). Tamén recibimos formación sobre como se debe comunicar a información dunha empresa (notas de prensa, roda de prensa, comunicados internos).
  • Protocolo persoal e de empresa. Fixemos un amplo estudio dos protocolos de empresa e como afectan ó Plan de Comunicación. Como colocar a xente, formas de presentación e saúdo, boas formas na mesa.
  • Eventos. Creación, organización, cronogramas, etc.

José Sixto GarciaDocente : José Sixto García

José Sixto é un gran profesional, especializado neste tipo de contidos

Como demostra o seu Doutoramento en Comunicación e Periodismo, Redes sociais e comunicación institucional (e como demostrou en clase, ;) )

Ademáis, é un profesional en activo no sector da comunicación e do marketing.

Traballa como director do Instituto de Medios Sociales (por certo, están organizando varios cursos interesantes para os próximos meses: Community Management e Coaching, entre outros).

protocolo 2Traballou tamén na Televisión de Galicia, no Instituto Europeo Campus Stellae, na Universidade de Santiago de Compostela e na Cadena Cope.

É colaborador de El Correo Gallego. Déixovos o último artigo que publicou :http://www.elcorreogallego.es/opinion/ecg/jose-sixto-garcia-quieres-ser-un-lidera/idEdicion-2014-09-23/idNoticia-891564/

E se tedes interese en ver como se desenvolve na televisión, déixovos este video sobre protocolo :

En resumen, unha persoa moi preparada ,un gran comunicador e con experiencia no sector. Mezcla perfecta para obter un profesor cunha nota alta, :)

Puntuación docente : 8

Puntuación módulo : 8

Próximo módulo, “Igualdade, Inserción laboral e Sensibilización ambiental”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s