Uber chegou a Madrid para marchar

UberUber, inda que intenta venderse como un servicio “ride-sharing” (compartir coche), realmente funciona deste xeito

Ten unha aplicación para os smartphones e cando queres facer un traxecto, a aplicación mándache un dos seus conductores. Ti queres ir do punto A ó punto B e envíache un conductor que te leva de A a B, pero o conductor non tiña pensado en facer o recorrido. Esto é o que o diferencia doutros servicios como BlaBlaCar no que si compartes recorrido e coche.

Uber, empezou a funcionar en Madrid o mércores 24 de setembro, ás 11:30 da mañá. E polo que parece, a próxima semana deixará de funcionar. Menos de 15 días necesitou a Comunidade de Madrid, para cerrarlles o negocio.

A Comunidade de Madrid, en colaboración coa Garda Civil e a Policía Local, comezará a partir do luns a inspeccionar e sancionar a empresa Uber e os seus conductores, se non aportan a documentación requerida

A sanción ós conductores, vai de 4.000 a 6.000 euros, que pode incrementarse a 18.000 por reiteración e ata a inmovilización do vehículo.
uber-portada
España, pediulle á UE abordar este problema a nivel dos Vinteoito, pero a Comisión Europea señalou que as decisións relativas ós servicios de transporte compartido no profesional como Uber, recaen dentro das competencias dos Estados membros, (e que se coman os Estados a pataca quente…)
En Barcelona, o servicio de Uber xa funcionaba con anterioridade. Veremos que pasa a partir de agora e a súa ilegalización en Madrid.
Recordemos tamén que Barcelona e Madrid, tomaron medidas contra airbnb (servicio de alquiler de espazos e habitacións).
Parece que en España, estamos a poñerllo difícil a varios servicios de consumo colaborativo.
Advertisements

3 thoughts on “Uber chegou a Madrid para marchar

  1. brainsqueezer di:

    Intentando comprende-lo patrón de resposta a novos servizos que presentan unha innovación de mercado atopo tres posibilidades: os que modifican as lexislación para abrir a porta a novos servizos, os que se limitan ó cumplimento la lei, os que lexislan para evitr a entrada de servizos innovadores. A Comunidade de Madrid ven de anunciar a modificación da lei para incrementar as multas ós conductores de Uber. Preguntome que destino nos queda os innovadores, cando calquera cambio no mercado é atacado con cambios lexislativos. Chamoume moito a atención o feito que as accións en contra fosen maiormente promovidas por unha asociación de taxistas chamada “La Élite”.

    Liked by 1 person

  2. brainsqueezer, penso que os lexisladores nun país democrático e moderno, terían que lexislar buscando o beneficio da sociedade, e non soamente o beneficio de grupos concretos (sexan lobies empresariais ou de outra índole). Outra cousa é que vivamos nese país democrático e moderno do que falo, claro.
    As reflexóns que fixo Enrique Dans sobre Uber en televisión, parécenme atinadas:
    http://www.enriquedans.com/2014/09/hablando-sobre-uber-en-la-noche-en-24-horas.html

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s