Probando o “paywall” de Bittorrent co novo disco de Thom Yorke

Paywall de BittorrentBittorrent estrea os “paywalls”

Plataforma pensada para que os artistas expoñan os seus traballos e os vendan a prezos asequibles, coa condición de distribuir os contidos a través dun arquivo torrent.

Bittorrent queda co 10% do pago, e o resto vai ó peto do artista. Os pagos pódense efectuar con tarxeta de crédito ou PayPal.

Thom Yorke

Thom Yorke é un dos primeiros que se suma a esta plataforma, co seu novo disco en solitario Tomorrow’s Modern Boxes.

Desde a plataforma, temos a opción de escoitar o tema adianto do disco de Thom Yorke, ou ver o video. Se queremos acceder ó resto de cancións e material, teremos que pagar 4,72€ (un prezo máis que razonable).

Portada Tomorrow's Modern Boxes

A mecánica de pago é sinxela

Eliximos o método de pago, introducimos o noso correo, a nosa dirección e os datos da tarxeta de crédito.

Poderemos descargar o torrent e obter os contidos a través de calquera cliente de torrents. O que non me quedou claro foi cantas veces podemos descargar o torrent (en teoría é a elección do artista, pero non aparece publicado).

Veremos se gusta ós creadores e se suman ó proxecto.

Eu xa estou disfrutando do disco de Thom Yorke, un dos meus artistas favoritos. :)

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s