Curso de Networker – Xestor de Relacións Sociais

networking

O Networker é o profesional que conecta a tódalas persoas da mellor maneira posible neste mundo globalizado

Sempre intentando conseguir que se aproveiten desta globalidade e ó mesmo tempo, conseguir que a sociedade se beneficie ó máximo dos vínculos persoais. O Networking defínese coma a profesión do futuro, (aínda que para algún xa é a profesión do presente).

networking

O Networker (ou Xestor de Relacións Sociais), é un profesional que coñece :

  • o entorno e as súas oportunidades
  • o marketing e as súas potencialidades
  • sabe de promoción persoal e de eventos
  • domina o marketing On Line e as Redes
  • emprega habilidades sociais básicas
  • ten coñecementos de estratexia e sabe desarrollala

Todo isto dá como o resultado un “Superprofesional” porque ten que reunir cualidades de moitas profesións.

networking

En Melide, estase a impartir un curso orientado a  formar persoas con estos perfís, ó cal estou asistindo.

A empresa Solvencia Técnica é a encargada da organización do curso. Ten unha carga lectiva de 500 horas, repartidas en 3 meses (8 horas por día, de luns a venres), todo un maratón de curso.

solvencia técnica

O curso estructúrase en 9 módulos

  1. Oportunidades de desarrollo do entorno (50 horas)
  2. Protocolo persoal e eventos (70 horas)
  3. Igualdade (8 horas)
  4. Inserción laboral (10 horas)
  5. Dimensións do marketing (70 horas)
  6. Marketing online (70 horas)
  7. Creación e xestión de redes sociais (100 horas)
  8. Xestión estratéxica e RSC (50 horas)
  9. Habilidades sociais (70 horas)

A data de inicio foi o 17 de setembro, e ten previsto rematar o 15 de decembro.

Irei contando como foi a experiencia en cada módulo ó rematalo. De momento decir que empezou moi ben. :)

Advertisements

4 thoughts on “Curso de Networker – Xestor de Relacións Sociais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s